Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: póliza de seguros e vehículos e maquinaria da deputación provincial.

3. Orzamento (IVE incluído): 45.000,00 euros.

4. Duración do contrato: 1 ano.

5. Garantía provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación.

6. Información: Servicio de Plans e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico administrativas particulares e técnicas.

8. Clasificación: a sinalada na Lei 9/1992, do 30 de abril, de mediación de seguros privados e a Lei 30/1995, do 8 de novembro, de ordenación e supervisión dos seguros privados.

9. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais, desde o seguinte ó da publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

10. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

12. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 169, do 24 de xullo de 2003.

Lugo, 24 de xullo de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo