Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2003 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

-Resolución: 1-4-2003.

Obxecto: ocupación dun local para almacéns de equipamentos de pesca.

Porto: Burela.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores de Burela.

Prazo: 15 anos.

-Resolución: 15-4-2003.

Obxecto: explotación de instalacións náutico-deportivas.

Porto: Ares.

Adxudicatario: Club Náutico Ría de Ares.

Prazo: 5 anos.

-Resolución: 9-6-2003.

Obxecto: modificación e ampliación das instalacións náutico deportivas para a construcción de instalacións para a guarda civil do mar.

Porto: Viveiro.

Adxudicatario: Concello de Viveiro.

Prazo: ata o 6-10-2028.

-Resolución: 13-6-2003.

Obxecto: construcción dunha instalación de subministración de combustible a embarcacións.

Porto: Ribadeo.

Adxudicatario: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A.

Prazo: 15 anos.

-Resolución: 13-6-2003.

Obxecto: prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

Porto: A Illa de Arousa.

Adxudicatario: Organización de Productores do Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (O.P.P. 20).

Prazo: 5 anos.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia