Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2003 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación ordinaria, do contrato privado de seguro (póliza) de accidentes deportivos mediante a cobertura de asistencia médico-cirúrxica e de especialidades e as indemnizacións por perdas anatómicas e funcionais.

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante resolución con data 21 de xullo de 2003, procédese agora a efectua-lo anuncio de licitación deste.

Esta resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral para o Deporte.

c) Número de expediente: 18/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contrato privado de seguro (póliza) de accidentes deportivos mediante a cobertura de asistencia médico-cirúrxica e de especialidades e as indemnizacións por perdas anatómicas e funcionais.

b) Período de vixencia: do 1 de outubro de 2003 ó 15 de setembro de 2004, ámbolos dous inclusive.

c) Requisitos específicos do contratista:

-Acreditación da solvencia económica do licitador mediante a presentación dunha declaración relativa á cifra de negocio global acadada ou referida ós tres últimos exercicios. A mencionada cifra aparecerá discriminada en relación cos distintos ramos do seguro nos que o licitador opere.

-Acreditación da solvencia técnica ou profesional mediante os documentos e medios de proba que entre os que enumera o artigo 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2000, do texto do 16 de xuño (BOE do 21 de xuño), se sinalan a continuación:

-Relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúan importes, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

-Dada-las características do contrato o licitador xuntará cadro dos servicios médicos hospitalarios e extrahospitalarios cos que conta para a prestación

dos servicios de asistencia sanitaria ós que refire o obxecto parcial do contrato que se pretende.

d) Outros requisitos: acreditación de inscrición no rexistro da Dirección Xeral de Seguros do Ministerio de Facenda.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: cento catorce mil novecentos catro euros (114.904 A), co detalle por anualidades consignado no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Prima individual anual: 2,3504 A.

c) Número aproximado do colectivo que hai que asegurar: 48.887 deportistas.

5. Garantías:

a) Garantía provisional: deberá acreditarse a constitución previa polo licitador dunha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento do contrato (2.298,08 A).

b) Garantía definitiva: 4% do orzamento que resulte da adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Infraestructuras Deportivas da Dirección Xeral para o Deporte (estadio multiusos de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02. Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas ós que refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na rede da Internet (www.xunta.es/contratacion/resultado:asp?N=2934).

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do vixésimo sexto (26) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na cara do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e no rexistro de documentos da Dirección Xeral para o Deporte (estadio multiusos San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou ser enviados por correo dentro do prazo de admisión.

d) Admisión de variantes: admisibles nos termos previstos na cláusula 3.7.3ª das do prego de administrativas particulares.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Enderezo: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 10.00 horas.

9. Outras informacións.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario, e se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado