Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 08 de agosto de 2003 Páx. 10.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 205/2003).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: r/ Nicaragua, 10-3º esq., 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T., Marfulo.

Situación: A Laracha.

Descricións técnicas: L.M.T.A. a 15/20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 237 m de lonxitude, con orixe no tramo de liña existente entre C.T. Ribela e C.T. A Piña e final no C.T. Marfulo, para instalar.

C.T. tipo intemperie sobre apoio de formigón, de 100 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Marfulo, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e en conductor R.Z. de 522 m de lonxitude, A Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña