Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 26 de xuño de 2003, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-81/050, conta 25 e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí

dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día nas súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 26 de xuño de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Manuel Penedo Otero, Josefa Díaz Corbeira e herdeiros.

Expte. C-81/050 (F.P. 43/03).

Conta: 25.

R/ Españoleto, 1-2, 3º A (Ferrol).

Importe débeda: 8.456,90 euros.

-José Laborde Espiño, Julia Novas Rivera e herdeiros.

Expte. C.-81/050 (F.P. 45/03).

Conta: 28.

R/ Españoleto, 1-2, 3º D (Ferrol).

Importe débeda: 5.452,38 euros.

-Ángeles Teijido Leiras e herdeiros.

Expte. C-81/050 (F.P. 48/03).

Conta: 35.

R/ Españoleto, 1-2, 5º C (Ferrol).

Importe débeda: 10.067,70 euros.