Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 30 de xullo de 2003 pola que se notifica a resolución de expediente administrativo sancionador 32/2003, devolta polo servicio de correos porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Vilagarcía de Arousa, a resolución de procedemento administrativo sancionador coa clave que se cita, por presunta infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro), de portos do Estado e da mariña mercante, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e, en virtude do disposto no artigo 39.1º b) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), polo que se aproba o Regulamento do ente público Portos de Galicia, é o presidente do Consello de Administración.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, perante, a elección do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, ou o Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpoñer recurso potestativo de reposición perante o presidente do Consello de Administración no prazo dun mes contado desde a mesma data antes sinalada.

O importe desta sanción deberá de facerse efectivo nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación e na conta número 2091-0394-87-3040004217 de Caixa Galicia, empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servicios centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria, xa que, noutro caso, procederase á súa exacción pola

vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, notifícase ó denunciado que por aplicación do disposto no artigo 15 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, en relación cos artigos 72 e 136 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para os efectos de evita-lo mantemento das consecuencias da infracción e polas esixencias derivadas dos intereses xerais e particularmente de garanti-los dereitos dos concesionarios ó uso exclusivo e excluínte do que gozan sobre as concesións administrativas, adoptouse a medida provisional consistente na retirada, traslado e depósito da súa embarcación no almacén que Portos de Galicia ten no porto de Tragove.

Para recoller e retira-la súa embarcación deberá de poñerse necesariamente en contacto coas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia sitas na rúa Benito Corbal, 37-3º, 36001 Pontevedra (teléfono: 986 85 38 66).

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia

ANEXO

Expediente: Sanc. 32/2003.

Denunciante: Xefatura de Área.

Matrícula: 5ª-VILL-959.

Embarcación: Crisveal.

Denunciado: Severino Diz Seoane.

Último enderezo coñecido: Cervantes, 74, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Feito denunciado: atraque sen autorización e incumprimento de orde de desatraque.

Datas: 6-2-2003, 25-3-2003.

Porto: Beluso (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 114.1º a) e b) e 114.2º e) da Lei 27/1992.

Precepto sancio