Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.368

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2003 pola que se nomea novo presidente titular e suplente da comisión encargada de resolve-lo concurso para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento enxeñería do terreo.

Publicada por Resolución do 4 de abril de 2003 (Boletín Oficial del Estado do 1 de maio), a comisión encargada de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesor titular de universidade número 01/135, da área de coñecemento de enxeñería do terreo, convocada por Resolución do 13 de novembro de 2001 (Boletín Oficial del Estado do 27 de novembro), concorrendo causa xustificada no presidente titular e suplente que impide a súa actuación como membros da dita comisión.

Este rectorado, consonte o establecido na letra a) do artigo 6.12º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro), na súa nova redacción dada polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 11 de xullo) resolveu designar novo presidente titular e suplente da comisión encargada de resolve-lo concurso para a provisión da praza número 01/135, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería do terreo, desta universidade, e na súa virtude facer pública a composición desta nova comisión que se detalla no anexo I.

A dita comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, os interesados poderán presentar reclamación ante o rector, no prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 14 de xullo de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Comisión titular:

Presidente: Carrera Ramírez, Jesús, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Secretario: Hoyo Fernández-Gago, Rodrigo del, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocal 1º: Justo Alpañes, José Luis de, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Vocal 2º: Cañizal Berini, Jorge, profesor titular de universidade. Universidade de Cantabria.

Vocal 3º: Tomillo García-Roves, Mª del Carmen, profesora titular de universidade. Universidade de Cantabria.

Comisión suplente:

Presidente: Foyo Marcos, Alberto, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Secretario: Delgado Martín, Jorge, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocal 1º: Bisbal Cervello, Leopoldo, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Vocal 2º: Olmos Martínez, Pedro José, profesor titular de universidade. Universidade de Valladolid.

Vocal 3º: Olivella Pastalle, Sebastián, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.