Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.367

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2003 pola que se corrixen erros detectados na Resolución do 30 de xuño de 2003 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 4 de xullo) pola que se anuncia e regula o Curso selectivo de ingreso na función pública galega do persoal de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística.

No DOG nº 129, do día 4 de xullo de 2003, aparece inserida a Resolución do 30 de xuño de 2003 pola que se anuncia e regula o Curso selectivo de ingreso na función pública galega do persoal de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística.

Comprobados erros na expresada resolución, é necesario efectua-las seguintes correccións:

-Na exposición, na primeira liña do primeiro parágrafo onde di: «a fase de oposición», debe dicir: «o concurso-oposición».

-No mesmo parágrafo, na novena liña, onde di: «aspirantes aprobados», debe dicir: «aspirantes que deben realiza-lo curso selectivo».

-Na primeira liña do punto primeiro, onde di: «Que se convoquen, coa soa excepción dos que proveñan da quenda de promoción interna, os aspirantes aprobados na respectiva fase de oposición», debe dicir: «Que se convoquen os aspirantes aprobados no concurso-oposición».

O que se pon en xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública