Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2003 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto, para a contratación dos servicios de atención ó público na biblioteca infantil e xuvenil.

Expediente 5591/2003 do Servicio de Patrimonio e Contratación.

Obxecto: contratación dos servicios de atención ó público na biblioteca infantil e xuvenil.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: este contrato deberá executarse no prazo de 12 meses contado desde a formalización do contrato en documento administrativo, podendo prorrogarse por outros 12 meses.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o orzamento total do contrato ascende á cantidade de 32.000,00 A, IVE incluído.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13.00 horas do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 29 de xullo de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña