Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de exposición ó público do proxecto de compensación e proxecto de urbanización na Urbanización Praia de Cirro.

Por decreto da Alcaldía de Sada do 30 de xullo de 2003 aprobouse inicialmente o proxecto de urbanización e acordouse dar trámite de información pública do proxecto de compensación da unidade

de actuación definida polo estudio de detalle Urbanización Praia de Cirro, subscritos pola arquitecta María Ánxeles Souto Muíño e sendo a entidade promotora Berrocal Neira, S.L.

Os ditos expedientes expóñense ó público polo prazo de 20 días, contados partir da última publicación deste anuncio no DOG ou no xornal La Opinión, durante o cal os/as interesados/as poderán examina-lo expediente na secretaría do concello, podendo efectuar no dito prazo cantas alegacións consideren oportunas. Todo isto de acordo co disposto nos artigos 110.4º e 157.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Sada, 30 de xullo de 2003.

Abel López Soto

Alcalde