Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de utilidade pública, o estudio ambiental e o proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de Fonteavia, situado nos concellos da Lama, Fornelos e Covelo (Pontevedra) e Avión (Ourense). (Expediente 02/2003 DXIEM-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, artigo 13.2º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empre

sa Eurovento S.L. Unipersonal, as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental do parque eólico de Fonteavia.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de Fonteavia.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Eurovento S.L. Unipersonal.

Enderezo: rúa Varsovia, 4 C-5ª planta, Área Central-As Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela.

Situación: concellos da Lama, Fornelos e Covelo (Pontevedra) e Avión (Ourense).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V1(554.500; 4.689.000)V2(557.250; 4.690.250)

V3(557.250; 4.689.000)V4(558.250; 4.689.000)

V5(559.000; 4.688.000)V6(559.000; 4.684.000)

V7(558.250; 4.684.000)V8(557.000; 4.687.500)

V9(556.000; 4.687.500)V10(556.000; 4.688.750)

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 16.

-Potencia nominal unitaria: 1.300 kW.

-Potencia total instalada: 20,8 MW.

-Tipo de aeroxerador: Izar-Bonus 1.3 MW.

-Producción neta anual estimada: 53,22 GWh (2.558 horas/ano).

-Orzamento total: 14.044.777,96 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-16 centros de transformación de 1.500-1.600 VA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, situado no interior do aeroxerador, e coa correspondente aparamenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas subterráneas de evacuación de enerxía eléctrica de alta tensión a 30 kV dunha lonxitude total de 9.974 m, con cable RHZ1 18/30 kV 3x1x240 mm Al, que conectan os centros de transformación coa subestación transformadora do parque eólico.

-Liñas subterráneas de comunicación de fibra óptica entre os aeroxeradores e a subestación transformadora.

Afección a predios particulares:

(S.E.) Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.) Servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso peonil e equipamentos para a construcción, a montaxe, a supervisión e a vixilancia, a conservación ou a reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo que comprende a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

(S.V.) Servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

(O.T.) Ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta dirección xeral sita no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 4ª planta, 15771 (Santiago de Compostela) ou ben nas delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra e Ourense, no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Fonteavia, poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra e Ourense, delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra e Ourense e concellos da Lama, Fornelos e Covelo (Pontevedra) e Avión (Ourense), podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta dirección xeral ou delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra e Ourense, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de facer constar que esta publicación realizarase igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou por medio de notificación, ou ben, intentada a notificación non se puidese realizar.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Parque eólico de Fonteavia

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Provincias: Ourense, Pontevedra.

Termos municipais: Fornelo de Montes (PO), Covelo (PO), Avión (OU).

Bens afectados

PropietarioSuperficie afección

Predio nºNome e apelidosEnderezoLugarUso do solo(S.E.)(S.P.)(S.V.)(O.T.)

1C.M.V.M.C. da Graña. Rpte.: Francisco Domínguez Domínguez, presidenteEido Fernández, 4. Graña-Covelo

Pontevedra

Coto Miñoto

Chan das Mesas

Monte baixo, pedregal3.640 m15.941,8 m2.498,5 m106.822,75 m

PropietarioSuperficie afección

Predio nºNome e apelidosEnderezoLugarUso do solo(S.E.)(S.P.)(S.V.)(O.T.)

3C.M.V.M.C. de Abelenda. Rpte.: Raúl Hermida Castro, presidenteMoniscados-Abelenda-Avión

Ourense

Coto Queimado/FonteaviaMonte baixo, pedregal7.280 m28.486,8 m6.240 m164.502,25 m

Dereitos afectados

PropietarioSuperficie afección

DereitoNome e apelidosEnderezoLugar(S.E.)(S.P.)(S.V.)(O.T.)

P. I. Sierra de PitesIngemarga, S.A.Estrada campamento militar de Parga, s/n.

Bueiro-27305-Guitiriz

Lugo

A Carballeira/Campo das Fenteiras1.570 m4.405 m1.780 m17.740 m

(S.E.) Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.) Servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións.

(S.V.) Servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

(O.T.) Ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.