Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2003 pola que se convoca concurso público aberto de tramitación ordinaria, para a contratación dunha subministración por lotes de diverso material bibliográfico para a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. (Referencia 2003-08-554).

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Administrativa e Económica do PGIDIT da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

c) Referencia 2003-08-554.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto deste contrato é a adquisición pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, dunha subministración por lotes de diverso material bibliográfico para o Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, por procedemento aberto mediante con

curso público e coa posibilidade de licitar á totalidade, a un ou varios lotes do seguinte material:

-Diverso material bibliográfico para o Centro de Investigacións Forestais e Ambientais (lote 1).

-Diverso material bibliográfico para o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (lote 2).

Estas adquisicións están cofinanciadas con fondos Feder da UE.

As características do material obxecto deste contrato detállanse no prego de prescricións técnicas.

b) Prazo de execución:

Os bens obxecto de licitación serán entregados nos centros que se detallan no número 13 do prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas, antes do 15 de novembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

O importe total ascende a cincuenta e tres mil euros, IVE incluído (53.000 euros). 28.000 euros corresponden ó lote 1 e 25.000 euros corresponden ó lote 2, que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 08-05-432A-628.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2003.

5. Garantía provisoria.

A garantía provisoria por un importe equivalente ó 2% do orzamento de licitación e constituída nalgunha das formas que prevé o artigo 35 do TRLCAP ascende a 1.060 euros de concorrer á totalidade; 560 euros de concorrer ó lote 1 e 500 euros de concorrer ó lote 2.

6. Obtención de documentación e información.

Poderán retirala no rexistro da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/981 54 10 88, en horas de oficina, ou ben a través da páxina web: www.xunta.es/contratación ou www.sxid.org

7. Variantes: non se admiten variantes.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acreditar a súa solvencia económico-financeira de conformidade co esixido no artigo 16.1º a) e c) do TRLCAP, mediante informe de institucións financeiras e declaración relativa á cifra de negocios global realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Se por razóns xustificadas un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acredita-la súa solvencia económica por declaración do volume de negocio global ou xustificante de segu

ro por indemnizacións por riscos profesionais. A solvencia técnica ou profesional acreditarase conforme o artigo 18 a) e e) do TRLCAP, mediante:

Unha relación das principais subministracións efectuadas durante os últimos tres anos, indicando o seu importe, datas e destinos públicos e privados, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre eles, e certificacións establecidas por servicios oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade de artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas.

9. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento en horario das 9.00 as 14.00 h, ou ben na forma prevista no TRLCAAP.

10. Apertura de ofertas.

Realizarase o día oito de setembro do presente ano, ás 12 horas nas dependencias da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O importe do presente anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio