Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica modificación do proxecto de L.M.T., C.T. e R.B.T. de Cereixal, no concello de Paradela. (Expediente 28/2000 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997 e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións e instalacións de enerxía eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se din a seguir:

-Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

-Finalidade: mellora da infraestructura eléctrica existente na zona.

-Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea, con orixe no apoio proxectado nº 16 bis da L.M.T. ó C.T. de Bidul e remate no C.T. proxectado de Cereixal cunha lonxitude de 970 m, a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón en conductor LA-56.

2. Centro de transformación intemperie de Cereixal, situado en Cereixal, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea de Cereixal, con orixe no C.T. de Cereixal, cunha lonxitude de 1.480 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón e madeira en conductor R.Z.

4. Rede de baixa tensión subterránea de Cereixal, con orixe no apoio nº 15 da R.B.T. aérea de Cereixal, cunha lonxitude de 180 m a 380/220 V directamente subterránea en conductor R.V.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo Ronda da Muralla, 70, Lugo) e formula-las reclamacións por duplicado que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso e no mesmo prazo, as alegacións por escrito que consideren oportuno, podendo corrixi-los erros que encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 25 de xuño de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 28/2000Provincia: Lugo

L.M.T., C.T., R.B.T. CereixalTermo municipal: Paradela

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

8PedregueirasLabradíoHdos. de Julio Varela López:

Carmen Varela López

R/ Fe, nº 5

15005 A Coruña

5270700
Ramiro Varela LópezCereixal, nº 3

27611 Paradela (Lugo)

Eloy Varela LópezR/ Fe, nº 5

15005 A Coruña

Maruja Varela LópezR/ Fe, nº 5

15005 A Coruña

Piedad Varela LópezR/ Sanz Crespo, 13-1º dta.

33207 Xixón

Manuel Varela LópezR/ Magdalena, nº 36

El Barrial 33400 Avilés

Dolores Varela LópezR/ Fe, nº 5

15005 A Coruña

José Ramón Varela LópezR/ Fe, nº 5

15005 A Coruña

Antonia López Varela

(usufructuaria)

R/ Fe, nº 5

15005 A Coruña

8AFonte da MedraLabradíoRamiro Varela LópezCereixal, nº 3

27611 Paradela (Lugo)

30300

13CepedoLabradíoRamiro Varela LópezCereixal, nº 3

27611 Paradela (Lugo)

6290900

13ARedondoLabradíoHdos. de Julio Varela López:

Carmen Varela López

R/ Fe, nº 5

15005 A Coruña

7260600
Ramiro Varela LópezCereixal, nº 3

27611 Paradela (Lugo)

Eloy Varela LópezR/ Fe, nº 5

15005 A Coruña

Maruja Varela LópezR/ Fe, nº 5

15005 A Coruña

Piedad Varela LópezR/ Sanz Crespo, 13-1º dta.

33207 Xixón

Manuel Varela LópezR/ Magdalena, nº 36

El Barrial 33400 Avilés

Dolores Varela LópezR/ Fe, nº 5

15005 A Coruña

José Ramón Varela LópezR/ Fe, nº 5

15005 A Coruña

Antonia López Varela

(usufructuaria)

R/ Fe, nº 5

15005 A Coruña