Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 06 de agosto de 2003 Páx. 10.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/418-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T., C.T. residencia terceira idade.

Situación: concello de Covelo.

Descricións técnicas: C.T. de 630 kVA, R.T. 20 kV-230/400 V, emprazado ó lado da residencia da terceira idade de Covela, con dobre alimentación mediante L.M.T. soterrada a 20 kV de 450 m de lonxitude, entroncando unha no C.T. da Xaneira e outra na L.M.T. Paraños-Covelo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 24 de xuño de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra