Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 05 de agosto de 2003 Páx. 10.253

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2003 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de filoloxía inglesa, do departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemana, a María Dolores González Álvarez (praza 153/2001).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 20 de novembro de 2001 (BOE do 14 de decembro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de filoloxía inglesa, do departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemana, en prol de María Dolores González Álvarez, con documento nacional de identidade número 36061760-Z, e cumprindo a interesada os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Dolores González Álvarez, profesora titular de universidade da área de coñecemento de filoloxía inglesa, do departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemana.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 10 de xullo de 2003.

P.D. (Resolución 24-6-2003)

Margarita Estévez Toranzo

Vicerrectora de Organización Académica

e Profesorado