Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.204

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAMPO CANDAY, S. COOP. GALEGA

REACTIVACIÓN da sociedade.

De conformidade coa lexislación vixente, ponse en coñecemento do público que con data 20-6-2003 a Asemblea Xeral de Campo Canday, S. Coop. Galega adoptou os seguintes acordos:

-Levar a cabo a reactivación da sociedade, que resultou disolta de pleno dereito como consecuencia da falta de adaptación dos estatutos á Lei 5/1998, do 18 de decembro, dentro do prazo establecido legalmente para iso.

-Adapta-los estatutos da sociedade á Lei 5/1998, do 18 de decembro.

-Amplia-lo capital social na cantidade de tres mil cincuenta e tres euros con oitenta e catro céntimos con cargo a reservas voluntarias ó mínimo establecido nos estatutos que ascende a tres mil cento cincuenta euros.

-Proceder á renovación total do Consello Rector e do interventor da cooperativa, resultando elixidos para ocuparen os ditos cargos os seguintes socios:

Presidente: José Núñez Janeiro.

Vicepresidente: Antonio López Pérez.

Secretario: Manuel Rodríguez Núñez.

Tesoureiro: Pedro Quijada Maques.

Vocal 1: Cándido Vilanova Roibas.

Vocal 2: Inmaculada Ferreiro Casanova.

Interventor: Manuel Pérez Ferreiro.

José Núñez Janeiro

Presidente