1. Obxecto do contrato: a execución das obras de alargamento e pavimentación camiño corredor Eiviño.
2. Prazo do contrato: tres meses.
3. Prezo do contrato: 114.084,62 euros.
4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional, para participar no concurso será de 2.281,69 euros.
O adxudicatario estará obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.
5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios no BOP ou DOG.
Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.
As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.
Vilagarcía de Arousa, 7 de xullo de 2003.
Joaquín J. Gago López
Alcalde