Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/63-2, 6029 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reforma C.T.I. San Pedro.

Situación: Alfoz.

Descricións técnicas: L.A.T. xeral cunha lonxitude de 138,44 m, terá a súa orixe no apoio existente anterior á derivación do antigo C.T.I. San Pedro (para desmontar) e finalizará no apoio nº 2 onde se entroncará a derivación ó novo C.T.I. San Pedro.

L.A.T. derivación a C.T.I. San Pedro con orixe no apoio nº 2 da liña xeral e final en C.T.I. San Pedro cunha lonxitude de 20,25 m.

C.T. tipo intemperie sobre torre metálica cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación 20.000/380-220 V.

R.B.T. executada en R.Z. 95 tensada sobre apoios de formigón, substituiranse apoios existentes para redistribuí-los diferentes circuítos desde a nova localización do C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 24 de xuño de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo