Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/62-2, 6019 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación en Cobreiro (Santaballa) e Ramil (Lanzós).

Situación: Vilalba.

Descricións técnicas: L.M.T. con orixe en L.M.T. a C.T. de Rego en final en C.T. Cobreiro, cunha lonxitude de 15 m e unha tensión nominal de 20 kV.

C.T. de tipo intemperie sobre apoio metálico, cunha potencia de 16 kVA e unha relación de transformación 20.000/380-220 V.

R.B.T. en Cobreiro cunha lonxitude 2.300 m en R.Z.-95/50 sobre apoios de formigón cun total de 28 clientes.

R.B.T. en Trasto cunha lonxitude de 350 m en R.Z.-95/50 sobre apoios de formigón cun total de 1 cliente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 24 de xuño de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo