Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, de do 29 de maio de 2003, o alleamento en pública poxa dos bens embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade da debedora Begoña Soengas Castiñeiras con DNI: 22722919-T que a continuación se describen:

-Lote 1:

33,33% do predio rústico Leira de Tras dos Prados, labradío de 44 áreas sito en Penas, no municipio de Monterroso. Lindeiros: norte herdeiros de Manuel Soengas e outros; sur, herdeiros de Rosario Ojea e Manuel López; leste herdeiros de Rosa Ojea; e oeste herdeiros de Francisco Rojo. Predio 6.980, tomo 522, libro 54, folio 126 do Rexistro da Propiedade de Chantada.

Valor: 6.600 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 2.199,78 A.

-Lote 2:

33,33% do predio rústico. Vivenda sita en Penas, en Monterroso, con alpendre na súa parte posterior e cos seus restos e vagos, da superficie de 4,35 áreas. Ocupa a superficie útil de 50 m. Lindeiros: norte, Jesús García Portomeñe; sur, estrada; leste Remedios Rojo Ojea e oeste parcela segredada e Ilde Fente. Predio 10.011, tomo 641, libro 71, folio 49, do Rexistro da Propiedade de Chantada.

Valor: 73.224 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 24.405,55 A.

-Lote 3:

Rústica Horta da Casa da Fonte, terreo de 84 centiáreas de superficie e sito en Penas do municipio de Monterroso. Lindeiros: norte herdeiros de José Soengas Besteiro; sur herdeiros de José García Fernández; leste e oeste Miguel García Calvo. Titularidade: Mª Begoña Soengas Castiñeira, 100% do pleno dominio con carácter ganancial. Predio 11.466, tomo 688, libro 81, folio 9, do Rexistro da Propiedade de Chantada.

Valor: 252 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 252 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona

DISPOÑO:

Que o día 3 de setembro de 2003, ás 10.00 horas na sala de xuntas da Delegación Territorial de Lugo, r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial de Lugo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1º Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2º Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3º Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4º Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5º No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6º Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7º Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8º A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9º O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos