Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, do 19 de maio de 2003, o alleamento en pública poxa do ben embargado no procedemento de constrinximento pola zona de recadación de Lugo como da propiedade dos debedores Daniela Bruzos Gómez, Inocencia Martínez Bruzos, Severino José González Martínez e Daniel Jerónimo González Martínez con DNI: 33593254-Y, 33577311-W, 33849500-D e 33857362-M que a continuación se describe:

Lote único:

No predio denominado Leiriña, casa e porta, de 3.472 m de superficie, atópase unha vivenda unifamiliar formada por planta baixa e alta de superficie 190 e 192 m respectivamente con ref. catastral 001300400PH04G0001K1. Esta casa atópase sobre a parcela catastral 27032A005000360000PL, subparcelas E e A. Anexas a esta edificación ten un hórreo de planta rectangular de pedra do país sobre parcela catastral 27032A005000420000PM, subparcela A, un alpendre de planta baixa de superficie 244 m sobre parcela catastral 27032A005000420000PM, subparcela C, unha piscina de 70 m sobre parcela catastral 27032A005000360000PL, subparcela B.

Así o total da superficie do predio denominado Leiriña, casa e porta de 3.472 m estaría formado polas parcelas catastrais 27032A005000420000PM, subparcelas a, b, c e 27032A005000360000PL, subparcelas a, b, e, e parte de c.

Os seus lindeiros serán norte, camiño da costa; leste, camiño; sur Rogelia Bargados Martínez, e oeste máis desta propiedade.

A parcela catastral 27032A005000360000PL, subparcela C terá como lindeiros: norte camiño da costa; leste máis desta propiedade, oeste camiño e sur Fernando Antonio Cagide Agra e Jose Luisa Cagide Agra van soterradas tubaxes de auga que marcan o linde entre ámbalos dous predios.

Valor: 218.934,72 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 218.934,72 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o estatuto dos recadadores de zona.

DISPOÑO:

Que o día 25 de agosto de 2003 ás 10.00 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial de Lugo r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial de Lugo, se celebra a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que consta en poder da zona de recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que

figura a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con posturas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no Rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda lici

tación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos