Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2003 Páx. 10.172

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de limpeza de institucións hospitalarias da Seguridade Social (Servicio Galego de Saúde) de Ourense para o ano 2003.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de limpeza de institucións hospitalarias da Seguridade Social (Sergas) para o ano 2003 (código convenio 3200395), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21 de maio de 2003, subscrito con data do 29 de xaneiro de 2003, subscrito entre a Asociación de Empresarios da Limpeza de Institucións Sanitarias do Sergas de Ourense, en representación da parte empresarial, e as centrais sindicais: Confederación Intersindical Galega (CIG), Comisións Obreiras (CC.OO.) e Unión Xeral de Traballadores (UGT), en representación da parte social, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de

traballo e demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de maio de 2003.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de limpeza de institucións

hospitalarias da Seguridade Social da provincia

de Ourense

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo afecta as empresas dedicadas á limpeza de institucións hospitalarias pechadas da Seguridade Social en Ourense e no ámbito de aplicación deste convenio tódolos/as traballado

res/as dependentes destas empresas e que presten os seus servicios nas institucións hospitalarias pechadas da Seguridade Social da provincia de Ourense.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Este convenio empezará a rexer desde a súa publicación no BOP de Ourense, non obstante, para os seus efectos económicos será desde o 1 de xaneiro de 2003 ó 31 de decembro de 2003. O remate da vixencia deste convenio colectivo, manterán a súa vixencia todas e cada unha das súas cláusulas ata a entrada en vigor do seguinte. O convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano, se por calquera das partes non fora denunciado. Polo menos con tres meses de antelación ó termo da súa vixencia. A fórmula de denuncia será mediante comunicación da parte denunciante á outra parte, na que expresará o desexo de denunciar e negociar un novo convenio.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas de calquera índole contidas neste convenio teñen o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas e situacións implantadas polas empresas e que impliquen condicións máis beneficiosas con respecto a este convenio, subsistirán para aqueles/as que as veñen gozando, pero sen que poida incrementarse que sobre as chamadas condicións máis beneficiosas terá que computarse o melloramento económico que supón este convenio.

Artigo 4º.-Salario base. Complemento de destino. Complemento de productividade fixo e complemento específico.

O importe que se aboará por estes conceptos especificarase nos anexos I e II deste convenio. Serán os mesmos que por este concepto cobren os/as limpadores e os /as pinches da Seguridade Social durante o ano 2003 e para o resto das categorías aumentarán en proporción correspondente ás táboas salariais de 2002.

As empresas recoñeceranlles ós traballadores/as as melloras salariais que o Sergas estableza para o seu persoal na categoría de pinche, grupo E, sempre e cando a dita mellora sexa para compensar unha eventual desviación do IPC.

Artigo 5º.-Antigüidade.

Os/as traballadores/as fixos/as comprendidos/as no ámbito de aplicación deste convenio gozarán como complemento persoal de antigüidade dun aumento periódico por cada tres anos de servicios prestados no mesmo centro de traballo, na contía do 5% do salario base por cada trienio.

Artigo 6º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá dúas gratificacións extraordinarias, unha en xullo e outra en Nadal. Cada unha delas de 30 días de salario base máis antigüidade, máis o complemento de destino. As pagas extras serán aboadas respectivamente antes do 30 de xullo e 24 de decembro e o seu cómputo será semestral.

Artigo 7º.-Gratificación domingos, festivos e nocturnos.

O persoal que preste os seus servicios en domingos, festivos e traballos nocturnos, percibirán a mesma cantidade que por este concepto se lle aboe ó persoal de pinches do Sergas. O complemento de traballo en domingos e festivos será de 33,20 A/día de traballo.

Por noites fixas percibiranse 69,50 A durante a primeira e segunda semana e 57,54 A en caso de tratarse da terceira ou cuarta semana.

Artigo 8º.-De toxicidade, perigosidade e penosidade.

Estas gratificacións aboaranse na contía que en cada momento estableza a lexislación vixente nestas materias.

Artigo 9º.-Xornada de traballo e descansos.

A xornada laboral para 2003 será a mesma do persoal do Sergas. Os/as traballadores/as que realicen a súa prestación de servicios no réxime de quenda fixa diúrna ou rotatoria simple realizarán unha xornada anual efectiva de 1.624 horas ó ano. Os que realicen a súa prestación de servicios de acordo ó réxime de quenda fixa nocturna realizarán unha xornada anual efectiva de 1.430 horas ó ano.

As libranzas a que terán dereito os/as traballadores/as serán as mesmas coas que goza o persoal do Sergas, que nestes momentos son as seguintes:

-As correspondentes ó terceiro sábado.

-Descanso quincenal (dous ó mes).

-Os días 14, 15 e 16 de abril.

-Os días 22, 23, 24, 29, 30 e 31 de decembro.

Destes 9 días de descanso, 5 son de libre disposición do traballador/a, dos cales 3 se gozarán no primeiro semestre e 2 no segundo. Farase a petición por escrito con 10 días de antelación ás datas solicitadas. No caso de acumulación de solicitudes para un mesmo día, de tal maneira que supoña un quebranto na organización do servicio, procederase de común acordo co comité a un sorteo para determina-las persoas que gozarán deses días. Non se poderán acumular a períodos de vacacións de cada traballador/a.

O persoal contratado disfrutará dun LD por cada 40 días de contrato.

Se durante este ano aumentan os días de libranza do persoal do Sergas, reunirase a comisión paritaria para estudia-la posible aplicación neste convenio.

Se durante a vixencia deste convenio se producise algún cambio de adxudicatario na prestación do servicio de limpeza dos centros ós que é de aplicación, serán de conta de cada un dos adxudicatarios o aboamento das cantidades correspondentes ós descansos quincenal e de terceiro sábado non gozados polos traballadores/as durante a vixencia das súas res

pectivas adxudicacións, ou ben o goce acumulado destes, sempre que se produza durante a vixencia das adxudicacións baixo as cales estes non foron gozados.

No que ós restantes descansos non gozados fai referencia, será de conta dos adxudicatarios o aboamento ou goce acumulado destes, sempre en estricta proporción ós períodos de vixencia das respectivas contratas, de tal maneira que cada unha delas se faga cargo dos días non descansados en proporción ó tempo de duración da adxudicación.

No suposto de que fosen os domingos ou festivos os non gozados, procederase a actua-los mecanismos de compensación previstos neste convenio, pero sempre considerando os períodos en que non foron gozados, procedendo entón de tal forma que a prescrita no parágrafo primeiro desta disposición.

Artigo 10º.-Festivos.

O/a traballador/a do/a cal a xornada laboral se realice en domingo ou festivo, de mutuo acordo coa empresa poderá:

a) Gozar en compensación dun día de descanso semanal.

b) Percibi-lo aboamento correspondente segundo a normativa vixente.

c) Acumula-lo descanso ós días de vacacións regulamentarias.

Os días 24 e 31 de decembro cobraranse co complemento de festivos e o 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro percibiranse dous complementos de festivos.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia deste convenio non se realizarán horas extraordinarias de carácter normal, non obstante, poderán realizarse as horas extraordinarias debidas a forza maior e as de carácter estructural.

Consideraranse horas extraordinarias motivadas pola forza maior, as traballadas e empregadas na reparación de sinistros ou as que realicen para prevelos. E as horas estructurales son as que con carácter extraordinario e esporádico se efectúen no seo dunha empresa para cubri-la realización dun traballo que non foi posible prever nin substituír por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

Enviaráselle á Delegación de Traballo un informe mensual da realización e motivos destas horas e será realizado conxuntamente polo comité de empresa e a dirección e, de se-lo caso, polos delegados/as ou delegado/a de persoal.

O incumprimento do pactado neste artigo, así como o referente ó artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, e Real decreto lexislativo 19/1985, do 20 de agosto, considerarase falta grave para os efectos do disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Licencias.

Trala solicitude dos/as traballadores/as afectados/as, concederase licencia retribuída e polo tempo que se indica, nos casos seguintes:

-Polo matrimonio do/a traballador/a ou constituírse en parella de feito: 15 días naturais antes ou despois sempre que se inclúa o día do feito.

-Polo matrimonio de fillos/as: 1 día natural.

-Polo parto da esposa ou convivente: 3 días naturais se é na provincia e 5 días se é fóra dela. Se fose por cesárea, os días por parto poden gozarse ó saír do centro hospitalario.

-En caso de accidente ou hospitalización de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días. Cando o desprazamento sexa fóra da provincia, o prazo será de 4 días.

-Polo falecemento de cónxuxe, convivente ou familiares en primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade, é dicir: pais, nais, fillos/as, avós, netos, irmáns, pais políticos, irmáns políticos, fillos políticos, avós políticos e netos políticos: 3 días naturais se é na provincia e, se é fora dela, 5 días naturais.

-Polo falecemento de parentes no terceiro grao, é dicir, tíos, tíos políticos, bisavós políticos, bisnetos políticos, sobriños e sobriños políticos: 1 día natural.

-Nos demais casos, aterémonos ó disposto na lexislación vixente.

-No caso de asistencia ó médico, o tempo necesario con xustificación e cun máximo de 3 horas. No caso de desprazamento ó especialista terase en conta a distancia e en consecuencia o tempo indispensable.

-Por traslado de domicilio: 1 día.

-Por acompañamento a familiares de primeiro grao a probas médicas, o tempo necesario, avisando con antelación e debidamente xustificadas: 7 días máximo ó ano.

-Os permisos por nacemento ou enfermidade de familiares poderanse desfrutar dentro dun período de dez días que inclúa a data do feito causante.

Artigo 13º.-Excedencias.

Todo/a traballador/a cunha antigüidade de polo menos un ano na empresa, terá dereito a que se lle recoñeza a súa situación de excedencia voluntaria por un período máximo de 5 anos, non perdendo en ningún caso a antigüidade que tiña no momento de solicitala e sendo obrigatoria para a empresa a concesión da excedencia. No caso de excedencia por maternidade, será ata 3 anos, con reserva do posto de traballo o primeiro ano.

Artigo 14º.-Cambio de posto de traballo por embarazo.

As mulleres terán dereito a cambiar de posto de traballo, co fin de que en ningún caso estean obrigadas a desempeña-las súas funcións en lugares

radioactivos e infecciosos que supoñan perigo para o seu estado.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

Concederáselle a todo o persoal axeitada e regulamentaria roupa de traballo, funda para o persoal masculino e bata para o persoal feminino, cada 6 meses, zapatillas cada 3 meses, luvas cada 20 días e zocos cada 9 meses. O persoal terá que devolve-la roupa e utensilios utilizados no momento que se produza a substitución.

Artigo 16º.-Incapacidade laboral transitoria.

O/a traballador/a que cause baixa por accidente laboral, non laboral, maternidade ou enfermidade común, percibirá o cento por 100% do salario convenio desde o primeiro día da baixa, incluídas as pagas extras.

Artigo 17º.-Extinción do traballo na contrata correspondente.

O persoal de limpeza que realice a súa xornada nun centro de traballo durante un período mínimo de dous meses, no caso do cesamento da contrata, terá dereito a continuar coa nova empresa adxudicataria cos servicios de limpeza do centro. Esta nova empresa adxudicataria terá a obriga de absorber a este persoal respectándolle a antiguidade e demais dereitos adquiridos.

Artigo 18º.-Garantías dos cargos sindicais.

Por mor de situacións concretas, como son a confección do cadro de horarios, calendario de vacacións e acordo para a negociación colectiva, o empresario facultará reunirse nos locais da empresa ós/ás traballadores/as e ós/ás seus representantes sindicais durante a xornada de traballo, sen que poida excederse dunha hora en tales casos e de común acordo para a designación do día e hora, sen menoscabo da realización de traballos urxentes que puidesen xurdir.

Artigo 19º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio gozará dun mes natural de vacacións anuais retribuídas a salario real.

As vacacións tomaranse entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, non obstante, o persoal que desexe toma-las vacacións no resto dos meses do ano e sempre de acordo coa empresa, recibirá unha bolsa extra-salarial de 252,88 A durante o período de vacacións.

Os/as traballadores/as que, no momento de goza-las vacacións, se atopan de baixa por enfermidade ou accidente, terán dereito a gozalas inmediatamente despois de producirse a alta e dentro do ano natural.

Elaborarase un calendario de vacacións en cada empresa de acordo entre a empresa, o/a traballador/a e o comité, de tal xeito que os/as traballadores/as gocen das súas vacacións rotativamente, respectando

a lexislación vixente. O persoal da quenda de noite percibirá tamén a gratificación de nocturnidade na retribución de vacacións.

Con carácter xeral, no suposto de IT sobrevida durante o desfrute das vacacións, non se suspenderán estas, considerándose desfrutadas. Cando un proceso de IT teña lugar durante o desfrute das vacacións e dure máis de 15 días, poderase solicitar cambio das datas sinaladas.

Artigo 20º.-Control médico.

Todo o persoal comprendido neste convenio terá dereito a efectuar unha revisión médica anual.

A revisión será a cargo da empresa, farase en horas de traballo e os resultados do recoñecemento médico entregaránselles ós traballadores/as.

Artigo 21º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento do pactado neste convenio e en xeral para cantas cuestións se deriven da súa aplicación, establécese unha comisión paritaria que estará integrada polos seguintes membros:

Parte económica: Asociación de Empresarios de Limpeza de Institucións Sanitarias do Sergas de Ourense.

Parte social: centrais sindicais asinantes deste convenio: Confederación Intersindical Galega, Comisións Obreiras e Unión Xeral de Traballadores.

Artigo 22º.-Xubilacións.

Todo/a traballador/a afectado/a por este convenio poderá solicita-la xubilación ós 64 anos, ó abeiro do previsto no Real decreto lexislativo 15/1981, do 28 de agosto; neste suposto a empresa verase obrigada a contratar outro/a traballador/a perceptor/a de desemprego ou mozo/a demandante do primeiro emprego, a través dun contrato de idéntica naturalidade.

Artigo 23º.-Contratación.

As empresas adxudicatarias do servicio de limpeza de hospitais non poderán contratar persoal a través das empresas de traballo temporal (ETT) tanto para substitucións de vacacións, IT, etc., ou para calquera posto de traballo (ampliación do cadro de persoal, postos de nova creación, etc.).

Artigo 24º.-Copia básica do contrato.

As empresas entregaranlles ós representantes legais dos traballadores/as unha copia básica de tódolos contratos de traballo que deban realizarse por escrito, de acordo coa Lei 2/1991, do 7 de xaneiro.

Artigo 25º.-Seguro de accidente.

As empresas subscribirán unha póliza de seguro colectivo a favor de tódolos traballadores/as que presten os seus servicios nos centros afectados por

este convenio, que cubrirá como mínimo as seguintes garantías:

-Morte ou invalidez total: 18.030,36 A.

-Invalidez absoluta ou grande invalidez: 24.040,48 A.

Estas continxencias deberán derivarse de accidente laboral, incluído o accidente in itinere e as indemnizacións fixadas serán totalmente independentes daquelas que lles correspondan ós traballadores/as en virtude da lexislación laboral vixente.

Artigo 26º.-Días para asuntos propios.

O traballador/a, solicitando coa debida antelación, terá dereito a dispor de 10 días de licencia ó ano, non retribuídos pola empresa.

Disposicións xerais

Primeira.-Todo o que non se previu neste convenio estará disposto na Ordenanza laboral de traballo para as empresas dedicadas á limpeza de edificios e locais aprobada o 15 de febreiro de 1975, así como nas demais disposicións legais vixentes, que ámbalas dúas partes acordan manter como lexislación subsidiaria para o non previsto no Estatuto dos traballadores.

Segunda.-As empresas afectadas por este convenio deberán ter un exemplar, así como a copia dos boletíns de cotización da Seguridade Social no taboleiro de anuncios da empresa para coñecemento de tódolos/as traballadores/as co fin de que constaten a súa situación laboral.

Terceira.-As partes asinantes deste convenio son a Asociación de Empresarios de Limpeza de Institucións Sanitarias do Sergas de Ourense e as centrais sindicais: Confederación Intersindical Galega, Comisións Obreiras e Unión Xeral de Traballadores, todas elas con capacidade suficiente e lexitimación, de conformidade co disposto na Lei 8/1980, do Estatuto dos traballadores.

Cuarta.-Se se producisen nalgunha das empresas afectadas por este convenio baixas de traballadores/as fixos/as do cadro de persoal dos centros sanitarios afectados, estes serán cubertos por traballadores/as que teñan carácter de fixos/as.

Quinta.-Se se produce a revisión salarial, os atrasos producidos seranlles aboados ós/ás traballadores/as antes de transcorridos os 30 días seguintes a aquel en que as empresas cobren do Sergas.

Sexta.-As traballadoras e traballadores fixos terán preferencia por orde de antigüidade e de carácter voluntario para ocupa-la praza vacante en quenda, planta ou servicio que deixe un ou unha traballador/a fixo/a. Deberán estar en quenda, planta ou servicio un mínimo de cinco anos.

ANEXO I

CategoríasSalario base

Administrativos/as:
Xefe/a de 1ª650,59 A

CategoríasSalario base

Xefe/a de 2ª516,21 A
Caixeiro/a516,21 A
Oficial de 1ª509,27 A
Oficial de 2ª509,27 A
Auxiliar 494,32 A
Cobrador/a491,92 A

Mandos intermedios:
Encargado/a xeral608,01 A
Supervisor/a encargado/a zona528,90 A
Supervisor/a encargado/a sector509,27 A
Encargado/a grupo ou edificio497,76 A
Responsable de equipo491,83 A

Persoal obreiro:
Especialista491,64 A
Peón especializado491,64 A
Limpador/a485,52 A
Conductor/a-limpador/a491,83 A

Persoal oficios varios:
Oficial491,83 A
Axudante485,52 A
Peón485,52 A
Traballadores/as menores de 18 anosSMI

ANEXO II

Complementos

-O complemento de destino será de 207,70 A/mes para tódalas categorías.

-O complemento específico será de 186,98 A.

Seguen varias sinaturas.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA