Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación do Covelo.
Situación: Pastoriza.
Características técnicas: L.M.T.A. a 20 kV con 0,027 km de lonxitude, con orixe na L.M.T. a C.T. do Coto e final en C.T. do Covelo, conductor tipo LA-56.
C.T.I. de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.
L.B.T.A. de 0,425 km de lonxitude, con orixe en C.T. do Covelo e conductor tipo R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 11 de xuño de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo