Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/53-2, 6059 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. a C.T. Capela.

Situación: Foz.

Descricións técnicas: L.M.T. con orixe nun apoio proxectado da liña existente L.M.T. a C.T.I. Carme e final en C.T.I. Capela proxectado, lonxitude 10 m e conductor LA-56.

C.T. de tipo intemperie sobre torre metálica tipo C-2.000/12, relación de transformación 20.000/380-220 V. Potencia 160 kVA.

R.B.T. comprende o conexionado do C.T. coa actual rede de B.T. Este enlace realízase con conductor R.V. 95 en canalización subterránea baixo tubo de diámetro 140 mm cunha lonxitude de 62 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de xuño de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo