Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.128

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2003, do tribunal asignado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ás categorías correspondentes ós grupos III, IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición de determinadas categorías.

En sesión que tivo lugar o día 23 de xullo de 2003, o tribunal asignado polas ordes do 26 de decembro de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso a determinadas categorías correspondentes ós grupos III, IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

ACORDOU:

Primeiro.-De conformidade co disposto no punto 8 da base quinta das ordes do 26 de decembro de 2002, o primeiro exercicio da fase de oposición das categorías que se sinalan a seguir terá lugar:

a) Na Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela (A Coruña) nas seguintes datas e horas:

GrupoCategoríaDíaHora

IVOficial 2ª, mecánico de máquinas de defensa contra incendios forestais (37)10 de outubro16.30 h

b) No recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra) nas seguintes datas e horas:

GrupoCategoríaDíaHora

IIIXefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais (100)17 de outubro17 h

VVixilante fixo de defensa contra incendios forestais (10 b)18 de outubro8 h

VEmisorista de defensa contra incendios forestais (10 c)18 de outubro12 h

IVOperador-codificador de defensa contra incendios forestais (32)18 de outubro17 h

IVConductor-motobomba de defensa contra incendios forestais (33)24 de outubro17 h

VPeón de defensa contra incendios forestais (14)25 de outubro8 h

VPeón-conductor de defensa contra incendios forestais (14 a)25 de outubro12.30 h

Segundo.-Os aspirantes terán que presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán ir provistos de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Terceiro.-Este chamamento é único, polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza, salvo nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2003.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal