Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.096

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de xullo de 2003 pola que se amplía o orzamento das axudas económicas para os alumnos e alumnas que realizan formación práctica en centros de traballo correspondentes ós estudios de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño e programas de garantía social cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

No Diario Oficial de Galicia nº 73, do 14 de abril de 2003, publicouse a Orde do 25 de marzo de 2003 pola que se convocan axudas económicas para os alumnos e alumnas que realizan formación práctica en centros de traballo correspondentes ós estudios de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño e programas de garantía social cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

No seu punto sexto establécese que a contía total das axudas poderá incrementarse na medida en que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos do exercicio económico do ano 2003.

Resultando que, con motivo dunha incorporación de créditos, existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria que ten por finalidade a concesión de axudas a alumnos e alumnas que realizan prácticas en empresas.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Amplia-lo importe total das axudas económicas en 56.667,88 A.

Segundo.-O importe total das axudas económicas que se concedan a alumnos e alumnas para a realización de formación práctica en centros de traballo non poderá supera-la contía de 2.131.433,63 A, con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.322S.480.2 do exercicio económico de 2003.

Terceiro.-Autorízase a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para desenvolve-lo disposto nesta orde, que entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria