Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 01 de agosto de 2003 Páx. 10.095

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de xullo de 2003 pola que se autoriza o centro privado Rizo Belle 2 de Pontevedra, para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de estética persoal decorativa en quenda de tarde-noite.

Examinado o expediente presentado por Raquel Núñez González, no que se solicita autorización para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de estética persoal decorativa en quenda de tarde-noite, no centro privado Rizo Belle 2 de Pontevedra.

Considerando que por Orde do 7 de outubro de 2002, se autoriza o centro privado Rizo Belle 2 de Pontevedra, para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de estética persoal decorativa en quenda de mañá (DOG do 6 de novembro).

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación (BOE do 24 de decembro); o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio

(DOG do 22 de

maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Tendo en conta que, á vista da documentación presentada, reúne os requisitos esixidos pola lexislación vixente.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Rizo Belle 2 de Pontevedra, para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de estética persoal decorativa en quenda de tarde-noite, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nas ensinanzas que se autorizan.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Enderezo: r/ Calvo Sotelo nº 5.

Código do centro: 36024434.

Denominación: centro privado Rizo Belle 2.

Titular: Rizzo Belle 2, S.L.

Composición resultante:

Familia profesional: imaxe persoal.

1 ciclo formativo de grao medio de perruquería (2 unidades, 20 postos escolares/unidade).

Quenda de mañá e de tarde-noite:

1 ciclo formativo de grao medio de estética persoal decorativa (1 unidade para 20 postos escolares en cada quenda).