Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.083

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN MANUEL VENTURA FIGUEROA

ANUNCIO do 23 de xullo de 2003 polo que se fai pública a convocatoria de axudas ó estudio para o curso académico 2003/2004 da Fundación Manuel Ventura Figueroa.

O Padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa, na súa reunión celebrada en Santiago de Com

postela o día vinte de xuño de dous mil tres tomou, entre outros, o acordo de convocatoria de axudas ó estudio para o curso académico 2003/2004 co texto que figura como anexo ó presente anuncio.

Os interesados poderán presenta-las súas solicitudes no lugar e durante o prazo establecido na convocatoria mediante o modelo que figura como anexo a ela.

Esta convocatoria tamén se fará pública por medio de anuncios nos diarios de maior difusión de Galicia.

Todo o que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2003.

Celso Currás Fernández

Presidente do Padroado da Fundación

Manuel Ventura Figueroa

ANEXO

Convocatoria de axudas ó estudio da Fundación

Manuel Ventura Figueroa

A Fundación Manuel Ventura Figueroa foi instituída en 1784 polos testamenteiros de Manuel Ventura Figueroa, patriarca das Indias, arcebispo de Laodicea e gobernador do Consello e Cámara de Castela, co obxecto entre outros de proporcionar axudas económicas para realizar estudios de toda clase a favor dos seus parentes.

En cumprimento deste mandato testamentario, o padroado da fundación, na súa reunión do día 26 de decembro de 2002, acordou aproba-las axudas ó estudio para o curso académico 2003/2004, con suxeición ás seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

Convócanse axudas para a realización de estudios universitarios de 1º, 2º, 3º ciclo e para a realización de teses de doutoramento para o curso académico 2003-2004.

Segunda.-Importe e número das axudas.

O número de axudas é oito (8) de mil cincocentos tres euros (1.503 A) correspondentes ó 1º e 2º ciclo de estudios universitarios, tres (3) de dous mil cento catro euros (2.104 A) para o 3º ciclo e unha (1) de tres mil cinco euros (3.005 A) para a realización de teses de docutoramento.

Terceira.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os parentes do fundador debidamente clasificados como tales e que resulten seleccionados polo padroado.

Cuarta.-Prazo de solicitudes, lugar e documentación.

As axudas poderán solicitarse mediante modelo que figura como anexo a esta convocatoria.

O prazo de presentación das solicitudes será desde o 31 de xullo de 2003 ata o 30 de setembro de 2003.

O lugar de presentación das solicitudes será o Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou en calquera rexistro da Administración autonómica de Galicia.

As solicitudes irán dirixidas ó presidente do padroado, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano, Santiago de Compostela.

Esta axuda poderá ser compatible con outro tipo de bolsa, a xuízo do padroado.

O padroado poderá solicitar informes a entidades ou persoas públicas ou privadas ou calquera outra documentación complementaria e acreditativa das situacións dos solicitantes.

Nas solicitudes deberá declararse baixo a súa responsabilidade que os datos presentados son certos.

Documentos que se deberán xuntar á solicitude:

-Copia compulsada do DNI do solicitante.

-Copia compulsada do libro de familia.

-Acreditación do parentesco co fundador.

-Declaración xurada de ingresos de tódolos membros que convivan no domicilio familiar, correspondentes ó ano 2002.

-Declaración xurada de patrimonio de tódolos membros que convivan no domicilio familiar.

-Sentencia de separación de matrimonio e convenio regulador, de se-lo caso.

-Para alumnos que inicien estudios universitarios:

Copia da tarxeta da selectividade (compulsada). No caso de alumnos procedentes de formación profesional, teranse en conta as notas correspondentes ó último curso (compulsadas).

-Para alumnos que continúen estudios universitarios:

Certificación académica na que consten as cualificacións obtidas nas materias en que estean matriculados no ano 2002/2003 (compulsada).

-Para alumnos que se matriculen nos cursos de doutoramento:

Certificación académica dos estudios de licenciatura (compulsada).

-Para os candidatos a tese de doutoramento:

Certificación académica de estudios de licenciatura (compulsada).

Certificación académica de cursos de doutoramento (compulsada).

A comprobación da existencia de ocultación de datos ou que estes sexan falsos dará lugar automaticamente á inadmisión da solicitude ou á retirada da axuda, con devolución das cantidades percibidas indebidamente.

Quinta.-Duración.

A duración da axuda será dun ano e poderá ser obxecto de renovación a xuízo do padroado no caso de que persistan as iniciais condicións. A renovación deberá solicitarse expresamente na seguinte convocatoria.

Sexta.-Criterios de selección.

Teranse en conta, fundamentalmente, os seguintes:

a) Situación económica dos solicitantes

b) Traxectoria académica do solicitante.

c) Proximidade no grao de parentesco co fundador.

d) Existencia ou non doutras axudas ou da súa solicitude.

Os requisitos de tipo académico que se valorarán serán:

Para os estudiantes que inician estudios universitarios, valorarase a nota da selectividade e nos alumnos provenientes de formación profesional, a nota global correspondente ó último curso.

Para os estudiantes que continúan estudios universitarios (primeiro ou segundo ciclo), valoraranse as cualificacións obtidas no curso 2002/2003.

Para os estudiantes que se matriculen nos cursos ou programas de doutoramento, valoraranse as cualificacións obtidas na licenciatura e o grao de licenciado.

Para aqueles solicitantes de axuda para a realización de tese de doutoramento, valoraranse as cualificacións obtidas na licenciatura, nos cursos de doutoramento e o grao de licenciado. Unha vez finalizada a tese de doutoramento, deberán entregar unha copia dela na fundación e, no suposto da súa publicación, deberá facerse referencia ó feito de que o autor recibiu unha bolsa desta fundación.

Os requisitos económicos que se valorarán serán tódolos ingresos da unidade familiar, entendendo por esta os pais do solicitante, os irmáns que vivan no mesmo domicilio e teñan trinta anos ou menos, e os ascendentes dos pais se viven con estes.

Tamén se terán en conta os bens patrimoniais que posúa a familia: predios urbanos, rústicos, bens mobles, etc.

A adxudicación das axudas farase en virtude da maior puntuación total alcanzada por cada un dos candidatos.

Sétima.-Comisión.

A comisión de selección estará composta polos membros do padroado.

Oitava.-Resolución.

A resolución das bolsas levaraa a cabo o presidente do padroado durante o mes de outubro de 2003 e farase pública.

S.A. DE XESTIÓN DO CENTRO DE SUPERCOMPUTACIÓN

DE GALICIA