Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003 referente á convocatoria para prover varias prazas.

1. No BOP da Coruña, número 124, do 2 de xuño de 2003, publícanse íntegramente as bases da convocatoria para cubrir, como funcionario de carreira, unha praza das seguintes características:

Escala de Administración xeral, subescala de xestión; denominación do posto: técnico local de emprego.

Convocatoria de ingreso. Sistema selectivo: concurso-oposición libre.

2. No BOP da Coruña, número 128, do 6 de xuño de 2003 publícanse integramente as bases da convocatoria para cubrir, como funcionario de carreira, unha praza das seguintes características:

Escala de Administración xeral, subescala de xestión; denominación do posto: técnico de cultura.

Convocatoria de ingreso. Sistema selectivo: concurso-oposición libre.

3. No BOP da Coruña, número 150, do 2 de xullo de 2003, publícanse íntegramente as bases da convocatoria para cubrir, como funcionario de carreira, unha praza das seguintes características: escala de Administración xeral, subescala de auxiliar administrativo; denominación do posto: auxiliar de secretaría.

Convocatoria de ingreso. Sistema selectivo: concurso-oposición por promoción interna.

O prazo de presentación de instancias para todas estas prazas será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a cada unha destas convocatorias publicaranse nos boletíns e lugares previstos nas propias bases.

Vimianzo, 4 de xullo de 2003.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde