Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAMOS

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno en sesión do 4 de xullo de 2003, anúnciase o concurso aberto, tramitación urxente, das obras de rede secundaria e distribución do abastecemento de auga ós nucleos do concello de Samos.

Así mesmo, na dita sesión aprobouse o prego de cláusulas económicas administrativas particulares que han de rexe-la contratación, o que se expón ó público polo prazo de catro días hábiles na secretaría deste concello, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou DOG, para efectos de presentación de reclamacións. A licitación aprazarase no caso de que se formulen reclamacións contra o presente prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Samos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rede secundaria e distribución do abastecemento de auga ós núcleos do concello de Samos, de acordo co proxecto técnico redactado por Singla Ingeniería, S.L.

b) Lugar de execución: Samos.

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 89.162,02 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Garantía provisional: 1.783,24 euros.

b) Definitiva: o 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Samos.

b) Domicilio: pza. España, s/n.

c) Localidade: Samos, C.P. 27620.

d) Teléfono: 982 54 60 02-982 54 61 72. Fax: 982 54 61 22.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os sinalados no prego de cláusulas económico-administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou no DOG; se este fose inhábil, trasladarase ó seguinte hábil.

b) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Samos, de 9.00 a 14.00 horas.

9. Documentación que hai que presentar.

A sinalada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

10. Apertura das ofertas.

Pola mesa de contratación, na Casa do Concello de Samos, ás 12.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Samos, 7 de xullo de 2003.

O alcalde

Rubricado