Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTOMARÍN

ANUNCIO de corrección de erros.

Advertido un erro no anuncio de contratación das obras de acondicionamento dos accesos a Castromaior-Valderramos e Gonzar, publicado no DOG do 22 de xullo de 2003, no punto número 6 correspondente a prazo de proposicións, onde di: «no caso de que o décimo terceiro día coincida en sábado,

domingo ou festivo...», debe dicir: «no caso de que o último día coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado o prazo ata o día laborable seguinte».

Portomarín, 22 de xullo de 2003.

O alcalde

Rubricado