Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

ANUNCIO.

Aprobado por resolución da Alcaldía do 3 de xullo de 2003, o prego de cláusulas administrativas particulares reguladoras da contratación por concurso aberto e tramitación urxente da obra de pavimentación rúa Mestre Mateo e por resolución da Alcaldía do 27 de febreiro de 2003 o proxecto técnico redactado polo arquitecto Antonio Vizoso Hermida correspondente á obra citada cun orzamento de execución material por contrata de 51.185,99 A, expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio.

Simultaneamente e ó abeiro do disposto no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, inicia-la licitación da obra de referencia mediante a publicación no BOP e mailo Diario Oficial de Galicia do seguinte anuncio:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Foz.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de pavimentación da rúa Mestre Mateo.

3. Tramitación: urxente.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Tipo de licitación: 51.185,99 euros.

7. Financiamento.

Primeira anualidade: ano 2003, partida orzamentaria: 511.611, importe 25.000,00 euros.

Segunda anualidade: ano 2004, partida orzamentaria: 511.611, importe 26.185,99 euros.

8. Prazo de execución: 12 meses.

9. Clasificación do contratista: non se esixe.

10. Lugar e prazo para a presentación de ofertas: Rexistro Xeral do Concello de Foz, entre as 9.00 e as 14.00 horas, en tres sobres pechados asinados polo licitador ou persoa que o represente, coa documentación e requisitos esixidos na cláusula 13 do prego, dentro do prazo dos trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio ó que se refiere a cláusula 11 no Diario Oficial de Galicia.

11. Fianza provisional: 1.023,72 euros, equivalentes ó 2% do tipo de licitación.

12. Fianza definitiva: o 4% do importe da adxudicación.

13. Apertura de plicas: no salón de sesión do Concello de Foz, ás 12.00 horas do seguinte día hábil ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

Foz, 4 de xullo de 2003.

José Mª García Rivera

Alcalde