Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 8 de xullo de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, de notificación da resolución recaída no expediente de autorización 03/17, tramitado á solicitude formulada por Antonio Ríos Álvarez para a realización de obras consistentes no acondicionamento dun local para uso hostaleiro, na rúa Can do Penedo, termo municipal de Bueu, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución da delegada desta consellería en Vigo, recaída no expediente de autorización tramitado neste servicio á solicitude formulada por Antonio Ríos Álvarez, para a realización de obras consistentes no acondicionamento dun local para uso hostaleiro, na rúa Can do Penedo, termo municipal de Bueu, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

Contra a presente resolución pódese interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 8 de xullo de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo

ANEXO

Expediente número: 03/17.

Solicitante: Antonio Ríos Álvarez.

Último enderezo coñecido: Outeiror, 51, Bueu.

Obra solicitada: uso hostaleiro.

Lugar: Can do Penedo.

Concello: Bueu.

Resolución: telo por desistido, a Antonio Ríos Álvarez, da solicitude de autorización para uso hostaleiro, na rúa Can do Penedo, termo municipal de Bueu, ordenando o seu arquivo sen máis trámites.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL