Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.053

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

Na súa sesión do día 23 de xullo de 2003, o tribunal designado polas ordes do 21 de marzo e do 15 de abril de 2003 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, convocado pola Orde do 20 de decembro de 2002 (DOG nº 250, do 27 de decembro e corrección de erros DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 2003), acordou, de conformidade coa base II.2 da convocatoria, que

o terceiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 9 de agosto de 2003, na Facultade de Dereito, aula nova no Campus Sur de Santiago de Compostela, en chamamento único.

O chamamento dos opositores comezará ás 9.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2003.

Jesús Mediavilla Cañibano

Presidente do tribunal