Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 31 de xullo de 2003 Páx. 10.053

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxías da información convocado pola Orde do 20 de decembro de 2002, pola que se publican as notas do segundo exercicio e se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 17 de xullo de 2003, o tribunal designado pola Orde do 21 de marzo de 2003 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxías da información, acordou:

Publica-las notas do segundo exercicio e que o terceiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 1 de setembro de 2003, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela (A Coruña), en chamamento único que se iniciará ás dezasete horas e media (17.30).

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2003.

Álvaro Manuel Rodríguez Carballo

Presidente do tribunal