Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 30 de xullo de 2003 Páx. 10.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 26 de xuño de 2003, acordou aprobar definitivamente o expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Bergondo sobre solos clasificados como solo urbano (zona equipamento) e solos clasificados como non

urbanizables situados no seu contorno, no lugar de Fiobre, parroquia de Moruxo, consistentes en:

1. A reclasificación de parte dos solos clasificados polas NN.SS. como solo non urbanizable común, que están en contacto coa parcela de equipamento; outorgándolle-la clasificación de solo urbanizable (Sistema Xeral de Equipamentos Comunitarios).

2. A recualificación de parte dos solos clasificados polas NN.SS. como solo urbano (Sistema Xeral de Equipamentos Comunitarios); outorgándolle-la cualificación de solo urbano (Sistema Xeral de Infraestructuras e Servicios Básicos) e ós que lles serán de aplicación as determinacións recollidas neste documento.

3. A modificación das determinacións dos solos cualificados polas NN.SS. como solo urbano (Sistema Xeral de Equipamentos Comunitarios).

4. Prever así mesmo a execución dunha vía de sistema xeral de conexión entre a vía que serve de acceso na actualidade á parcela que albergará o Sistema Xeral de Equipamento (CRMF) e o Sistema Xeral Viario (estrada AC-164).

Contra este acordo, que pon fin a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, ante o órgano que dictou o acordo, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da devandita publicación.

Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2º do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Bergondo, 22 de xullo de 2003.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente