Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 29 de xullo de 2003 Páx. 9.942

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 319/2003, do 24 de xullo, polo que se dispón que cese Pilar Cancela Rodríguez como directora xeral de Relacións Laborais.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia e agradecéndolle os servicios prestados, Pilar Cancela Rodríguez como directora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Santiago de Compostela, vintecatro de xullo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

María José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións

Laborais