Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

OFERTA de emprego público para 2003.

A oferta de emprego público do Concello de Redondela para 2003 comprende, entre outras, dúas prazas de gardas da policía local.

Resumo das bases específicas de dúas prazas de gardas da policía local.

1. Sistema. Oposición libre.

2. A praza está incluída no cadro de persoal como funcionario, escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, grupo D, nivel 16 de complemento de destino, dotada coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo e coas complementarias asignadas ó posto de traballo.

3. Os aspirantes precisan estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente. Ser español/a. Ter cumpridos 18 anos, e non exceder dos 30. Compromiso de portar armas. Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico. Non ter sido separado/a mediante procedemento disciplinario do servicio, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas. Ter unha altura mínima de 1,70 metros os homes, e 1,65 metros as mulleres. Estar en posesión do permiso de conductor/a, clase B, con autorización para vehículos de urxencia (BTP). Ter ingresado na Tesourería Municipal a cantidade de 20 euros en concepto de dereitos de exame.

As bases completas da oposición publicáronse integramente no BOP de Pontevedra número 113, de data 13 de xuño.

Redondela, 23 de xuño de 2003.

Eduardo Reguera Ocampo

Alcalde accidental