Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2003 pola que se publica a contratación da subministración de gasóleo C para calefacción dos centros escolares de EXB, casa do concello, biblioteca de Santa María de Xeve, escola taller e cemiterio San Mauro para a tempada invernal 2003-2004.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Gober

no. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato: a) Subministración de gasóleo C para 2003-2004. b) Prazo de entrega: 24-48 horas desde o requirimento polos servicios técnicos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento de licitación: 66.994 euros, incluído todo xénero de gastos.

5. Garantías: provisional: 1.339,88 euros. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071.

Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego. c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. De 8.30 a 13.30 horas.

8. Apertura de ofertas: pola mesa de contratación ás 9.00 horas do luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: cláusula 17 do prego.

Pontevedra, 26 de xuño de 2003.

Miguel A. Fernández Lores

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral