Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 30 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a acordo de incoación do expediente sancionador SAN-LU-0078/2003MV, aberto por infracción en materia de medicamentos veterinarios.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinala a continuación, a incoación do expediente sancionador número SAN-LU-0078/2003MP acordada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Xermán Souto García e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será dictada polo director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla 70, para presentar prego de descargo e os documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretaria, en calquera momento da tramitación do procedemento. De non efectuar alegacións no prazo sinalado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de dárense os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto).

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo, deberá emprega-los impresos que lle serán facilitados nesta delegación.

Lugo, 30 de xuño de 2003.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: SAN-LU-0078/2003MV.

Denunciado: Exclusivas Edra, S.L.

CIF: B 27262435.

Último enderezo coñecido: Vilarmosteiro, 75. O Páramo (Lugo).

Feitos imputados: carecer de autorización para dispensar medicamentos veterinarios.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigos 87.1º do R.D. 109/1995, do 27 de xaneiro, sobre medicamentos veterinarios; 3, 49.3º e 49.7º da Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 110 do R.D. 109/1995, do 27 de xaneiro.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción posible: multa de 3.005,07 euros.