Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2003 Páx. 9.902

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Ofical de Galicia, do texto do convenio colectivo para a empresa Teydesa Conectores, S.A. da provincia de Ourense para o ano 2003.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Teydesa Conectores S.A. da provincia de Ourense (código convenio núm. 3200412) para o ano 2003, con entrada nesta delegación provincial o 23 de abril de 2003, subscrito con data do 20 de marzo de 2003, por José María Sargatal Raskonit, en representación da parte empresarial, polo delegado de persoal, en representación da parte social e polo asesor da central sindical Converxencia Intersindical Galega; esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 28 de abril de 2003.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo para a empresa Teydesa Conectores, S.A. para o ano 2003

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

De acordo co establecido no título III do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, o presente convenio afectará á totalidade dos empregados e asalariados da empresa.

Sen prexuízo do anteriormente exposto, e tendo en conta as especiais circunstancias e características

do persoal, que a continuación se enumera, quedará fora do ámbito de aplicación do presente convenio.

a) O persoal que realiza traballos de alta dirección ou alta xestión na empresa.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e prórroga.

O presente convenio aplicarase unha vez que sexa homologado pola autoridade laboral; agora ben, os seus efectos económicos retrotraeranse ó día 1 de xaneiro de 2003, independentemente da data da súa publicación no BOP. A súa duración será desde o día 1 de xaneiro de 2003 ata o 31 de decembro de 2003.

Non obstante, entenderase automaticamente prorrogado de ano en ano, ata que unha das partes o denuncie expresamente, de conformidade coa lexislación vixente, e cunha antelación mínima de dous meses ó termo da vixencia deste convenio ou da prórroga en curso.

Na denuncia deberase facer constar:

-Ámbito de aplicación do novo texto do convenio.

-Materias de negociación debidamente analizadas.

-Representación que desempeñe o denunciante.

-Igualmente sinálase que durante o tempo que medie entre a data do remate dos efectos do convenio e a entrada en vigor dun novo convenio que o substitúa, se entende prorrogado para tódolos efectos o presente convenio.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As melloras resultantes de aplicación do presente convenio poderán ser absorbidas ou compensadas ata onde alcance o cómputo anual con aqueloutras condicións de índole superior que estean establecidas pola empresa, agás pacto expreso en contrario. Todo isto de conformidade co preceptuado no decreto de ordenación do salario e disposicións concorrentes.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais, de luns a venres, e en ningún caso poderá superar un cómputo anual de 1.784 horas.

Dentro do cómputo de traballo efectivo entenderase por comprendidos os tempos horarios empregados nas xornadas continuadas como descanso e outras interrupcións, cando por normativa legal o acordo entre as dúas partes ou pola propia organización do traballo se entendan integradas na xornada diaria de traballo. A este respecto establécese un período mínimo de descanso de 15 minutos.

O horario establécese de luns a venres, agás o persoal a quendas, que teña necesidade de compensación de horas que, se é o caso, poderá traballa-lo sábado ata compesa-la xornada.

Para adapta-la xornada anual, establécense os seguintes días libres remunerados: 22, 23, 24, 26, 30 e 31 de decembro. Estes días poderán ser cambiados por acordo entre empresa é traballadores.

Artigo 5º.-Vacacións.

O período de vacacións será de 30 días naturais, e o salario que percibirán durante elas será igual ó dunha nómina normal de mes.

O período de desfrute das vacacións será preferentemente nos meses de verán, debendo coñece-lo traballador cunha antelación mínima de dous meses a data de inicio de desfrute. Fixaranse de común acordo entre a empresa e o traballador, e salvo acordo entre as dúas partes serán rotativas, e sempre que non afecten ós programas de producción da empresa.

Artigo 6º.-Salario e outros conceptos retributivos.

Os salarios base establecidos para cada categoría profesional son os que se fixan no anexo que se achega, primeira columna.

A gratificación de carencia de incentivos aboarase segundo a segunda columna do anexo salarial e por día efectivo de traballo, entendendo o sábado como día efectivamente traballado.

Artigo 7º.-Permisos retribuídos e non retribuídos.

Establécese un permiso retribuído nos casos que se indica ou polo período que a continuación se sinala:

-Por matrimonio do traballador: 15 días naturais.

-Por matrimonio de fillos: dous días naturais.

-por nacemento de fillos: catro días naturais.

-Por morte ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, irmáns, pais políticos, avós, netos e fillos: o tempo necesario, como mínimo dous días hábiles.

-Pola morte de irmáns políticos, avós políticos: 2 días naturais.

-Pola morte de tíos e sobriños: dous días naturais.

-Pola morte de tíos políticos: un día natural.

-Por consulta médica: o tempo necesario con xustificación.

A asistencia a exames, entregando xustificación, será sen dereito a retribución, e concedida polo tempo necesario para a realización destes.

Artigo 8º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Se por razóns técnicas e organizativas a empresa ten que traslada-los seus productores a prestar servicios a outros centros de traballo, aboaralles por axuda de custo completa a cantidade de 22,64 euros e por media axuda de custo 11,33 euros.

Artigo 9º.-Traballos especiais.

Aplicarase o preceptuado no artigo 77º da Ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica, sendo as porcentaxes do 25, 30 e 35%, en lugar das sinaladas na mencionada norma.

Artigo 10º.-Comité de seguridade e hixiene.

A empresa obrígase ó cumprimento inescusable das normas de seguridade e hixiene no traballo, en materia de aseos, vestiario, dotacións sanitarias de

urxencia, duchas, etc., de conformidade coa Ordenanza de seguridade e hixiene vixente. Para tal efecto designaranse dous membros como vixilantes de seguridade e hixiene, que serán elixidos polos traballadores fixos do cadro de persoal.

As funcións do comité de seguridade e hixiene serán asegura-los dereitos dos traballadores en canto ás cuestións relacionadas coa seguridade e hixiene no traballo fixadas pola lei ou convenio entre ámbalas partes. Os membros do comité non terán dereito a horas retribuídas.

Artigo 11º.-Período de proba.

O período de proba será de 15 días para os seguintes traballadores: peón, especialista, oficial de 3ª, oficial de 2ª, e oficial de 1ª. Para as demais categorías, aplicarase o establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Roupa de traballo.

Ó persoal afectado polo presente convenio entregaralle a empresa unha peza de roupa de traballo ou funda cada seis meses, sendo obrigatorio o seu uso, cando o traballo o requira. As devanditas pezas de roupa serán en todo momento propiedade da empresa, e o traballador está obrigado á boa conservación e uso, podendo a empresa facer constar nas devanditas pezas o anagrama ou actividade desta.

Así mesmo, segundo o posto de traballo, a empresa daralle os elementos e medios necesarios esixidos legalmente para protección, debendo utilizalos o traballador na realización das súas tarefas.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afecto ó presente convenio percibirá dúas pagas extraordinarias, que se farán efectivas o 15 de xullo e 22 de decembro.

A súa contía será dunha mensualidade de salario real.

Artigo 14º.-Antigüidade.

Este complemento salarial de carácter persoal consistirá en quinquenios, de contía do 6% do salario base.

Artigo 15º.-Gratificacións de toxicidade, penosidade e nocturnidade.

Aboaranse de acordo co disposto na ordenanza laboral siderometalúrxica e disposicións concordantes.

Artigo 16º.-Incapacidade laboral transitoria.

O persoal que se atope en situación de IT derivada de efermidade común, a partir do primeiro día do segundo mes, percibirá o 100% do seu salario; no caso de hospitalización, desde o primeiro día percibirá o 100%. No caso de se-la primeira baixa do ano por enfermidade común, o traballador percibirá o 75% os tres primeiros días da baixa.

Cando esta situación derive de accidente de traballo ou accidente in itinere, desde o primeiro día aboaráselle o 100% do salario.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

Axustaranse ó disposto no artigo 35 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 18º.-Póliza de seguros.

A empresa concertará unha póliza de seguros que cubra as seguintes idemnizacións:

-Accidente laboral ou común do que derive a morte do traballador: 27.045,54 euros.

-Idem ó anterior do que derive a situación de incapacidade permanente, total ou absoluta ou gran invalidez:27.045,54 euros.

-Ó persoal de nova incorporación non lle será de aplicación a póliza antes sinalada, ata transcorridos trinta días desde a contratación.

Artigo 19º.-Premios de xubilación.

-Xubilación ós 60 anos: 6 mensualidades.

-Xubilación ós 61 anos: 5 mensualidades.

-Xubilazión ós 62 anos: 4 mensualidades.

-Xubilación ós 63 anos: 3 mensualidades.

Ós devanditos premios só terán dereito aqueles traballadores que teñan na data do feito máis de dez anos de antigüidade na empresa.

Artigo 20º.-Gratificación de carencia de incentivos.

Establécese o aboamento desta gratificación como prima de productividade e asistencia, ó non te-la empresa regulamentada a retribución en función de rendemento. O dereito ó percibo desta gratificación perderase totalmente ou parcialmente polas seguintes causas:

a) O 25% da gratificación de carencia de incentivos correspondente ó salario do día por falta de puntualidade de ata 5 minutos. A reincidencia deste tipo de falta gravarase co 50%.

b) O 75% da gratificación de carencia de incentivos correspondente ó salario do día por falta de puntualidade superior a 5 minutos e ata media hora.

c) O 100% por máis de media hora sen chegar a un día completo.

d) O correspondente a 2 días por cada falta de asistencia.

e) O abandono do traballo antes da hora sinalada, a non incorporación á hora xusta de comezalo e as interrupcións inxustificadas consideraranse como faltas de puntualidade para estes efectos.

Artigo 21º.-Productividade.

O sistema de traballo que se vaia empregar será de libre iniciativa da empresa, debendo axustarse ó previsto no presente convenio e a lexislación concordante, sen prexuízo da posterior aprobación da autoridade laboral competente.

A actividade normal de traballo é a desenvolvida polo operario medio que actúa baixo unha dirección competente, pero sen estímulo dun sistema de remuneración por rendemento e sen coacción ningunha, isto é, a cantidade de traballo desenvolvida efectivamente por un obreiro capacitado, realizando unha actividade mínima normal equivalente a 4.800 km/hora e que se determinará por unha correcta cronometraxe.

A actividade normal vén determinada por 100 unidades centesimais ou 60 puntos Bedaux ou o seu equivalente noutros sistemas de medición que sexan aceptados internacionalmente.

A actividade óptima é a que pode desenvolver un traballador activo adestrado no traballo e que logre con seguridade un nivel de calidade e precisión fixados pola tarefa. Esta actividade está valorada en 140 unidades centesimais ou 80 Bedaux ou o seu equivalente. Será sancionable todo traballador que non alcance a actividade normal durante tres días consecutivos ou cinco alternos no período de 30 días. En cada caso a empresa, para os efectos de sanción apreciará a gravidade da falta á vista dos feitos producidos. Así mesmo, será obxecto de sanción o productor que de maneira reiterada manteña unha actividade inferior á normal.

Establécese especificamente que a facultade de organización práctica do traballo lle corresponde á dirección da empresa trala ausencia. Sinálanse, entre outras, as seguintes funcións:

a) Esixencia da actividade normal fixada polo convenio.

b) Adxudicación do número de máquinas ó traballador a rendemento normal.

c) Mobilidade e cambio de persoal nas empresas de acordo coas necesidades de organización da producción na forma sinalada regulamentariamente.

De establece-la empresa un sistema de traballo incentivado, a actividade normal comprenderá a gratificación de carencia de incentivos fixada no anexo. Unha vez aprobado o sistema de traballo incentivado, non poderán aplicarse penalizacións ata trascorridos tres meses desde a data de implantación do sistema, considerándose o devandito espacio de tempo como período de proba.

En ningún caso poderá penalizarse a falta de productividade e a falta de puntualidade e asistencia á vez.

Artigo 22º.-Medidas de fomento do emprego e da contratación laboral.

O contrato de duración determinada da modalidade de eventual por circustancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, regulado polo artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción establecida pola Lei 63/1997, poderá ter unha duración máxima de 12 meses, dentro dun período máximo de 18 meses.

Esta duración máxima será aplicable tanto ós novos contratos desta modalidade asinados a partir da entrada en vigor do presente convenio como ás prórrogas dos contratos de traballo vixentes antes da súa entrada en vigor.

Artigo 23º.-Gratificación de xefe de equipo.

De acordo co establecido no artigo 79 da Ordenanza laboral de siderometalúrxica, o xefe de equipo percibirá unha gratificación consistente nun 20% sobre o salario base da súa categoría.

Artigo 24º.-Excedencias.

Poderana solicitar tódolos traballadores que leven un mínimo de un ano ó servicio da empresa. A duración da excedencia poderá ser dun ano a cinco anos. A petición de excedencia farase por escrito cun mes de antelación e será resolta pola empresa afirmativamente cando non se cubrira con contrato de interino; nos demais casos, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 25º.-Traballo da muller.

Se a realización das tarefas consideradas tóxicas, penosas, molestas ou insalubres afectara a situación de embarazo ou maternidade, terán que ser excluídas para a muller.

Artigo 26º.-Servicio militar.

Durante o tempo que se preste servicio militar ou social voluntario e obrigatorio, o traballador terá dereito á reserva do posto de traballo, que se entenderá 20 días despois de licenciado, e á percepción das pagas extras, na mesma contía que se estivera traballando.

Artigo 27º.-Reserva do posto de traballo no caso de invalidez provisoria.

Os traballadores que cesaran na empresa por causas de invalidez provisoria teñen dereito a ser declarados aptos para o traballo e ser reintegrados no posto de traballo que con carácter normal ocupaban na empresa na data na que causaron baixa ou no posto adecuado ás súas condicións. Será preciso que o traballador o solicite da empresa dentro do mes seguinte á data da súa declaración de aptitude.

Artigo 28º.-Revisión médica do persoal.

A empresa efectuará unha revisión médica anual a tódolos traballadores do cadro de persoal. Estas revisións serán por conta da mutualidade correspondente ou da propia Seguridade Social.

Disposicións transitorias

Primeira.-O aumento do presente convenio para o ano 2003 será do 4% sobre os conceptos retributivos da táboa salarial (salario base e gratificación de carencia de incentivos) tomada como base para esta negociación.

Establécese unha claúsula de revisión. No caso que ó final do ano o IPC supere o 3%, actualizaranse as táboas de salarios ata o IPC real con carácter retroactivo.

Segunda.-Os efectos económicos do presente convenio retrotraeranse ó 1 de xaneiro de 2003, e aboaranse na nómina do mes seguinte a súa publicación no BOP.

Terceira.-As partes asinantes deste convenio son: pola parte económica José María Sargatal Raskonit e, pola parte social, Avelino Bangueses Bande como delegado de persoal, e Xan Losada González como asesor pola CIG.

Cuarta.-En todo o non previsto no texto do presente convenio, será norma supletoria a Ordenanza laboral das industrias siderometalúrxicas e a lei pola que se aproba o Estatuto dos traballadores, e disposicións concordantes.

Táboa salarial.

Grupos e categorías profesionais; persoal obreiro; salario base; gratificación por carencia de incentivos:

Categoría: s. base; gratificación.

Peón: 21,62; 5,66.

Lavador: 21,62; 5,66.

Especialista: 21,65; 5,94.

Oficial 3ª: 21,69; 6,16.

Oficial 2ª: 21,72; 6,54.

Oficial 1ª: 21,74; 7,50.

Oficial 1ª montador: 21,74; 8,03.

Traballador menor de 18 anos: 12,93; 3,27.

Persoal subalterno:

Almaceneiro: 21,62; 5,66.

Probador: 21,76; 6,54.

Listeiro: 21,69; 6,16.

Recepcionista: 21,62; 5,66.

Pesador de báscula: 21,62; 5,66.

Vixilante: 21,62; 5,66.

Ordenanza: 21,62; 5,66.

Porteiro: 21,62; 5,66.

Conserxe; 20,79; 5,44.

Chofer turismo: 21,73; 6,54.

Chofer camión: 21,74; 7,53.

Dependente aux.maior 25 anos: 21,69; 6,16.

Dependente principal maior 25 anos: 21,69; 6,16.

Telefonista: 21,76; 6,16.

Persoal técnico:

Mestre taller: 27,13; 8,11.

Xefe taller: 27,14; 9,51.

Contramestre: 27,14; 8,11.

Encargado: 27,14; 8,11.

Titulado medio: 27,14; 9,51.

Titulado superior: 28,39; 10.

Delineante proxectista: 24,64; 10.

Delineante 1ª: 24,61; 7,48.

Delineante 2ª: 21,74; 7,50.

Calcador reproductor: 21,69; 6,16.

Técnico de laboratorio: 24,65; 8,11.

Analista: 23,70; 7,80.

Persoal administrativo:

Auxiliar administrativo: 21,69; 6,16.

Oficial administrativo 1ª: 21,74; 7,51.

Oficial administrativo 2ª: 21,73; 6,54.

Xefe administrativo 1ª: 21,74; 8,03.

Xefe administrativo 2ª: 21,74; 7,53.

Caixeiro: 21,73; 6,54.

Xefe de almacén: 21,74; 7,53.

Xefe de contabilidade: 21,74; 8,03.

Viaxante e vendedor: 21,09; 6,16.

Xefe de laboratorio: 27,14; 9,51.

ATS: 27,14; 9,51.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA