Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.877

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7052; XG-426, Melide-Antas de Ulla-Chantada, con anexos.

Ó abeiro do que establece a Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres,

e o Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o seu Regulamento de execución, iníciase expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7052; XG-426, Melide-Antas de Ulla-Chantada, con anexos, da titularidade de Luis Díaz Almuiña.

Os interesados ou afectados no expediente poderán constituírse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente nos servicios provinciais de Transportes de Lugo (Ronda da Muralla, 70. edf. adtvo.) e da Coruña (estación de autobuses) efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2003.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Transportes