Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 24 de xullo de 2003 Páx. 9.877

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de xuño de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona acordo de inicio de procedemento de adición, pendente de notificar, e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Rodríguez Costa, José).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segúndo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de inicio de procedemento de adición, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 93 do Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro, polo que se establece un procedemento específico para a adición de bens á masa hereditaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal, nº 8-3ª planta, Vigo, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 27 de xuño de 2003.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Rodríguez Costa, José

DNI: 35938570N

Condesa Casa Barcena, 6-5º C

Vigo

Imposto sobre sucesións e doazóns.

Causantes: Manuela Costa Martínez. José Rodríguez Martínez.

Exercicios: 1998 e 1999.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA