Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

EDICTO.

Resolución do 16 de xuño de 2003 pola que se realiza a publicidade do Acordo do 5 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación porcina, promovido polo Bispado de Ourense.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de

avaliación ambiental para Galicia, a alcaldesa do Concello de Sandiás

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó Acordo do 5 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación porcina, situada no concello de Sandiás (Ourense), promovido polo Bispado de Ourense.

A mencionada declaración refírese a unha explotación para o cebo de cochos, cunha capacidade de 5.250 animais. A superficie construída total será de 5.523 m. Proxéctase a construcción de tres naves de 12,60x82,48 metros. Os anexos serán unhas oficinas, aseos, fosas de cadáveres e fosa de xurros, encontrándose á disposición de calquera interesado nas oficinas municipais do concello.

Sandiás, 27 de xuño de 2003.

Mª Concepción Méndez Gándara

Alcaldesa