Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 10 de xullo de 2003, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de infraestructuras e dotacións Quenlla I redactado por Noroeste de Arquitectura e Enxeñería, S.L.

Sométese a información pública polo prazo dun mes o plan especial, mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior circulación da provincia, neste último caso deberá publicarse dous días consecutivos, segundo o artigo 86.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de á vista do expediente, formula-las alegacións que se consideren oportunas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas municipais da casa do concello en horario de 10.00 a 13.30 horas, de luns a venres.

Portas, 15 de xullo de 2003.

Roberto Vázquez Souto

Alcalde