Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/349-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Elctra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36280 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T. xeral Salvaterra de Miño-Ponteareas, apoios 29 ó 39.

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: reforma L.M.T. xeral Salvaterra de Miño-Ponteareas 1ª fase, desde o apoio 29 ó 39, cunha lonxitude total de 971 m de liña a 20 kV con conductor LA-110 sobre apoios metálicos e de formigón e reforma de 50 m da L.M.T. Corzáns. As instalacións localízanse nas parroquias de San Lourenzo, Salvaterra de Miño e Pesqueiras, do concello de Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de xuño de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra