Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/365-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T. acometida a Bodega Limeres Rodríguez, S.A.

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. aerosubterránea a 20 kV, cun primeiro tramo subterráneo con conductor R.H.V. de 180 m de lonxitude, desde o apoio 29 da L.M.T. ó C.T. existente Porto-O Mirón ata o apoio nº 1 da L.M.T. aérea proxectada, con conductor LA-56 de 648 m de lonxitude e un último tramo subterráneo con conductor R.H.V. de 165 m de lonxitude, desde o poio 6 da L.M.T.A. proxecta ata o C.T. do abonado. A instalación está situada no lugar da Agrela, Arantei, no concello de Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 2 de xuño de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra