Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 23 de xullo de 2003 Páx. 9.762

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 310/2003, do 11 de xullo, polo que se modifica o Decreto 254/2003, do 24 de abril, polo que se crea a Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense. Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A.

A disposición adicional sétima da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, autoriza a Xunta de Galicia a constituír unha sociedade pública autonómica das previstas no artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, participada integramente pola Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A., coa finalidade de construír e, se é o caso, explota-las obras da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, treito: Alto de Santo Domingo-A 52 (Ourense).

Neste sentido, polo Decreto 254/2003, do 24 de abril, creouse a Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense. Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A., aprobándose, ó mesmo tempo, os estatutos sociais.

As actuacións que realizará a citada sociedade pública, en relación coa construcción, conservación e explotación da autoestrada Santiago de Compos

tela-Ourense, tramo Alto de Santo Domingo-A 52, aconsellan modifica-la súa denominación co fin de concretar con maior precisión a súa relación coa Administración autonómica.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, así como no artigo 111 do regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma Galega, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, e co artigo 25 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, de acordo igualmente co Real decreto lexislativo 1564/1989, do 22 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades anónimas, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase a denominación da Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense. Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A., que pasará a denominarse Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A.

Artigo 2º

Os artigos 1, 2 e 3 dos estatutos da Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A., aprobados polo Decreto 254/2003, do 24 de abril, quedan redactados nos seguintes termos:

«Artigo 1º.-Denominación e normativa.

Coa denominación Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S.A., constitúese, ó abeiro da disposición adicional sétima da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, unha sociedade pública autonómica das previstas no artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que se rexerá ademais pola Lei de sociedades anónimas, polos presentes estatutos e polas disposicións legais que en cada momento lle sexan aplicables, en particular polo decreto que recolla os termos da xestión, ó que se refire o artigo 25 da Lei 4/1994, de estradas de Galicia, polo que se regule a construcción, conservación e explotación da autoestrada de peaxe Santiago de Compostela-Ourense, tramo Alto de Santo Domingo-A 52.

Así mesmo, para o desenvolvemento da súa actividade, esta sociedade está suxeita á Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, á Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e a calquera outra disposición que lle sexa aplicable polo seu propio carácter público.

Artigo 2º.-Obxecto social.

A sociedade ten como obxecto o exercicio dos dereitos e o cumprimento das obrigas relativas á xestión que se outorgue, por decreto da Xunta de Galicia, para a construcción, conservación e explotación da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, tramo Alto de Santo Domingo-A 52.

Forman parte do obxecto social as actividades dirixidas á explotación das áreas de servicio, centros de transporte e aparcadoiros e calquera outra actividade directa ou indirectamente relacionada coa súa conservación e explotación, sempre que se encontren dentro da área de influencia da autoestrada, así como as actividades que sexan complementarias da construcción, conservación e explotación desta.

Artigo 3º.-Duración.

A duración da sociedade virá determinada polo número de anos que se recolla no decreto polo que se regule a construcción, conservación e explotación da autoestrada de peaxe Santiago de Compostela-Ourense, tramo Alto de Santo Domingo-A 52».

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de xullo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA