Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2003 Páx. 9.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/31-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T. e C.T., r/ Vigo, 1.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Características técnicas: liña a 15 kV subterránea de 525 m con orixe na L.M.T.S. ó C.T., Breogán e con remte no C.T. proxectado con 400 kVA. R/T 15.000/380-220 V, na r/ Vigo, nº 1.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo de vinte días contados

a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 10 de xuño de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense