Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.
Denominación: L.M.T., R.B.T., Rairiz de Veiga.
Situación: Rairiz e Veiga.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 549 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 23 da L.M.T. ó C.T. Santabaia e remata no C.T. existente en caseta no 160 kVA en Rairiz de Veiga. Redes de baixa tensión derivados do C.T.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decre
to 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Ourense, 9 de xuño de 2003.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense